Blogia
ESGARRO

Judas Priest veñen a Galiza

Judas Priest veñen a Galiza 14 de Abril, concerto de JUDAS PRIEST na Coruña (Coliseum)
Realmente o concerto de antonte era un dos máis esperados do ano en Galiza, porque ante todo Judas Priest son un clásico. Os Judas tiveron como teloneiros a Barón Rojo, grupo que xa de por si atraeu a un bo número de seguidores e o Coliseum estaba case cheo.
Ainda así, e como non podía ser doutra maneira, houbo diversidade de opinións.Oeuse de todo. Houbo quen se emocionou con Judas de comezo a fin, a quen lle pareceu dantesco e mesmo quen esixía que voltase actuar Barón Rojo.
Os Judas tentaron manter animado ó público con temas míticos coma Breaking the Law, pero de calquera xeito os anos xa lles pesan (lóxico tamén) sobre todo para o cantante que semellaba que non se podía mover e abusba da montaxe tentando disimular. Por outro lado o son foi canto menos horripilante, cando é o menos que se lle pide a 30 euroazoz de entrada.
De calquera xeito, o xoves na Coruña houbo rock a fartar e un ambiente... (jeje)estimulante.

2 comentarios

Rubi -

Hey io voy de corresponsal a ver a Judas, ya os contaré como fué todo!!

patricia -

porque repites tantas veces lo mismo, con una llega