Blogia
ESGARRO

Bunbury en Vilagarcía de Arousa.

<strong>Bunbury en Vilagarcía de Arousa.</strong> Onte 14 de Maio de 2005, o tempo non acompañou nada en Vilagarcia de Arousa, pero tampouco puido frear os acontecementos.

Ás oito da tarde daba comezo, nun “recinto” descuberto e cunhas medidas de “seguridade” excesivas (era máis facil entrar cunha bomba nuclear que cunha litrona) o segundo día de concertos da IV edición do Festival do Norte.

A verdade é que nun primeiro momento non había un gran número de persoas, ben porque estaba todo enchoupado (de feito fumos vícitimas da gran choupeira que había frento ó escenario), ben porque a xente que onte ía a Vilagarcia tiña unha preferencia clara: Enrique Bunbury.

De calquera manera, Josele Santiago, antigo vocalista do grupo Los Enemigos (que se separarón como recordaredes no 2001), non defraudou. Moi na súa liña Josele ofreceu bo rock a un público mais ou menos entregado, ofrecendo tamén versións de Enemigos, como foi o caso de Antonio, un dos mellares momentos do concerto.

Despois de Josele cuidemos ver ós barceloneses Sidonie, amosándonos que o “indi” tamén vende. Pero o concerto rematou pronto; á cuarta canción apareceu a chuvia, e unha gran treboada deixou o lugar case baleiro (realmente era tragicómico) e o concerto houbo de facer un paréntese.

A Fundación Tony Manero sería o último grupo que veríamos antes do noso amigo Enrique, e de feito esto fíxose notar na asistencia de público. A Fundación animaron a un público “asqueado” da choiva e da mala organización.

Sería a eso da 1:30 (máis ou menos) cando fixo aparición no escenario El Huracán Ambulante (Copi, Ana Belén Estaje, Rafa “Mariachi”, Del Moral…). Xa todos sabíamos quen faltaba por aparecer: Enrique Bunbury.

Coas primeiras notas de El club de los imposibles, daba comenzo o concerto. Bunbury, atabiado co seu mítico sombreiro de baqueiro, onte negro e rosa, saltaba ó escenario. Dende aquí todo foi “un non parar”: La señorita Hermafrodita, Que no sepa tu mano izquierda lo que hace tu derecha, De pequeño, El extranjero, El viento a favor… por aquel entón xa estabamos acostumadas a que tiveramos auga ata a rodilla, e a verdade é que tampouco nos importaba. Bunbury estaba pletórico, realmente espectacular.

Sería con Anidando liendres (¡que grande!), que Bunbury xa coñezase a barrenar: “Elvis está vivo, y nos envia mensajes como: follad los unos con los otros”. Realmente había bastante xente pero o verdadeiramente espectacular era o entregado do público, que apenas deixabar oir a Bunbury.

Outro detalle a sinalar foi cando Bunbury se molestou por unha bandeira galega que rulaba polo público ,“gallegos que no os engañen” dicía él. Noutro momento comezamos a tirarlle Sugus a Enrique, haber se lle dábamos. Era realmente surrealista estar nun concerto de Bunbury e estálo lapidando con Sugus, (jeje). O certo e que cando vimos que nos estabamos pasando tivemos que deixalo.

O repertorio seguíu con Salomé, Que tengas suertecita e unha gran interpretación de Los restos del naufragio, momento no que xa nieguen podía permanecer indiferente. O concerto estaba no seu mellor momento cando comezou a soar Alicia (expusada al país de la maravillas) e ero todo un so cantar.

A continuación virían Lady Blue e Apuesta por el Rock and roll. Bunbury xa collera unha botella de whisky invitando ó público que saltaba na mini-piscina na que se convertera a pista

No momento en que comezou a tocar Si, vivimos outro dos momentos máis intensos do concerto, xa que tanto os que estaban a tocar coma os que estabamos a escoitar disfrutabamos dun xeite semellante. A continuación viría “una canción sin duda muy política”: Ibéria Sumergida. E foi grandiosa, inmensa. Un momento fermoso.

Bunbury abandoaba o escenario para volver a retomar o sue posto uns minutos despois, na que xa sería a parte final do concerto.

Infinito i El Jinete… foron un final realmente perfecto, que non puido defraudar a ninguén. Pero ainda así tivemos algo máis, un regalo: La última curda, realmente un puntazo, porque non é un dos temas que máis acostume de tocar, pero si un tema apaixoante.

E como non, a guinda do pastel: La chispa adecuada. Unha canción que penso que realmente Bunbury toca máis como un regalo de consolación para aqueles que ainda siquen irremediablemente presos do Enrique de Héroes. Verdadeiramente foi fantástica, ainda que xa por aquel entón cumplira ampliamente.

En definitiva, un concerto deste aragones “errante” sempre é unha aventura, pero queremos máis, e nas que non choiva… please!

Listado das cancións:

-EL club de los imposibles.
-La señorita Hermafrodita
-Que no sepa tu mano izquierda lo que hace tu derecha
-De pequeño
-El extranjero
-El viento a favor
-Anidando liendres
-Salomé
-Que tengas suertecita
-Los restos del naufragio
-Alicia (expulsada al país de la maravillas)
-Lady Blue
-Apuesta por el rock and roll

2 comentarios

mary -

Os que estivemos ahí estamos de acordo pq tamén gardamos dous recordor principais: a imaxe de bunbury coA botella de whisky e a auga que caia! xa podía ser whisky"!!!!

llani -

El concierto estuvo realmente bien. Lo que pasa es que lo de la lluvia fue un verdadero lastre. Pero menos mal que nos dio un respiro para ver a Bunbury porque antes caían chuzos de punta.
En fin que la actuación estuvo muy bien, aunque fue algo corta y "húmeda".
Por cierto, lo de los sugus fue la bomba